Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

Nós, os disléxicos

Imagen
          Dicía eu o outro día que lectura e escritura xogan e un papel fundamental na transmisión e na conservación da cultura e tamén vimos un exemplo de como ás veces xogan o papel contrario, ameazando con impoñerse e destruír a  cultura doutro pobo, como no caso do Yazidí, que soubo reaxir  cunha solución radical: impedir que os seus membros aprendesen a ler e a escribir , estratexia que parece ter resultado exitoso de cara a impedir que o Islám e a súa cultura -porque toda relixión ven da man dunha cultura en particular- borrasen do mapa a súa propia. Como todo instrumento cultural, a lingua, oral e escrita, poden ser usadas coma unha arma que aniquila as outras. Non hai máis que pensar no caso do inglés e do francés nos países colonizados por os países de orixe destas linguas, ou mesmo do latín, no pasado.           O caso dos Yazidíes é o menos común, xa que como estratexia para acceder a unha posición ventaxos...

Da lectura e escritura

Imagen
      Escribo para ordenar os meus pensamentos e as ideas novas e vellas que me veñen á mente consciente. A escritura é unha ferramenta fundamental precisamente para clarificar a mente e un pregúntase cómo farían os seres humanos antes da invención da escritura, pois fomos ágrafos durante a maior parte da nosa historia evolutiva. Cal será o papel da escritura na evolución cultural e material da humanidade? Tradicionalmente adxudicámoslle un grande valor e cóntannos nos libros de historia que grazas á escritura é que se puido transmitir o coñecemento de forma moito máis efectiva e rápida, favorecendo que persoas en lugares moi alonxados puidesen aplicar coñecementos prácticos e teóricos dos que non tiña nin idea e ver na práctica o resultado dos mesmos, que en moitas ocasións serían tan enormes que resultarían nunha transformación radical da realidade e da percepción da mesma.     É certo que os humanos aprendemos fundamentalmente a través da imitación, sobre to...

Cando as ideoloxías nos posúen

Imagen
                                  O  malo da actividade política é que está chea de valoracións subxectivas, opinións enfrontadas e guerras abertas e enquistadas en maior ou menor medida. Temos ademáis a tendencia a nos identificar coas xa existentes correntes ideolóxicas, coma quen se fai hincha deste ou daquel equipo de fútbol. Dicía Nietche que as ideoloxías toman posesión das persoas e non ao contrario, o cal explica o fanatismo co que defendemos as políticas de tal ou cal partido co que nos identificamos, sen practicamente facerlles crítica ningunha ou pasalas polos nosos propios filtros e analizar se o seu contido pega ben coas nosas posturas persoais ou se nos ten sentido. Así é como a grande maioría da poboación considerada "activa" en política renuncia a expresar o seu punto de vista e aportar ideas sobre como mellorar as propostas, e así é como os partidos políticos s...

Enfiando ideas.

Imagen
        De repente unha pregunta na miña mente: cando empecei a ter conciencia política e social? A pregunta xorde a raíz dun exercicio de gramática árabe que estou completando esta mañá de outono   desértico, no que moi ben podemos estar a corenta graos de temperatura. O texto titúlase عاصفة الصحراء , que en galego do noso se pronunciaría algo así como “Asifa Alsaharaa” traduce como “Tormenta do Deserto”, e trata sobre a invasión de Kuwait por parte de Irak e a posterior Guerra do Golfo. A verdade é que o texto é endemoniadamente difícil no gramatical, pois xa ten un nivel alto, e cáseque teño que ir frase por frase tratando de encher un par de ocos -con sorte- cada vez que me sento a darlle un empurrón, a ver se vai. E como non, as constantes interrupcións, típicas de min, inconstante como son, e tamén típicas dos meus días, orientados a satisfacer as necesidades dos moitos seres vivos baixo a miña responsabilidade, que demandan isto ou aquilo, xusto cand...