Da lectura e escritura
Escribo para ordenar os meus pensamentos e as ideas novas e vellas que me veñen á mente consciente. A escritura é unha ferramenta fundamental precisamente para clarificar a mente e un pregúntase cómo farían os seres humanos antes da invención da escritura, pois fomos ágrafos durante a maior parte da nosa historia evolutiva. Cal será o papel da escritura na evolución cultural e material da humanidade? Tradicionalmente adxudicámoslle un grande valor e cóntannos nos libros de historia que grazas á escritura é que se puido transmitir o coñecemento de forma moito máis efectiva e rápida, favorecendo que persoas en lugares moi alonxados puidesen aplicar coñecementos prácticos e teóricos dos que non tiña nin idea e ver na práctica o resultado dos mesmos, que en moitas ocasións serían tan enormes que resultarían nunha transformación radical da realidade e da percepción da mesma. É certo que os humanos aprendemos fundamentalmente a través da imitación, sobre to...


Comentarios
Publicar un comentario